jueves, febrero 07, 2008

VISITA A SISALDE





O pasado venres 25 de xaneiro, fumos a clase de 5º E a facer unha visita á fraga de Sisalde no noso concello. Atópase esta fraga perto da praia de Barranán e está bañada polo río Sisalde.
Levamos coma guía ao técnico do concello Oscar Miranda que nos foi introducindo en tódalas particularidades deste bosque de ribeira.
Descubrimos ameneiros, salgueiros, ... indicios da presencia de esquíos e tamén de raposos.
Oscar púxonos en funcionamento un dos muíños restaurados que hai na zona e comprobamos todos de maneira práctica a función do rodicio, mesa, vara, quenlla ...
Os muíños tiveron unha grande relevancia na sociedade galega no desenvolvemento económico. A nivel social tiveron influencia en: cantigas, refráns ... e no xurdimento da muiñeira.

Foi unha experiencia moi gratificante.

No hay comentarios: